Fedi Photo

Fedi Photo

App Android para publicar fácilmente fotografías no Fediverso

Get it on F-Droid Get it on Play Store

Escribín esta aplicación para solucionar un problema personal: non podía publicar dun xeito doado as fotografías tomadas durante as miñas saídas en bicicleta.

Configura previamente o texto e as etiquetas para a mensaxe. Durante a túa actividade, publica fotografías no fediverso con só tres clicks.

  1. Click para a cámara.
  2. Enmarcar e tomar a foto.
  3. Click para aceptar e feito!

A inclusión do texto na mensaxe e a publicación acontecen en segundo plano. Se a conectividade non é boa, publicarase ó recuperala.


Outras características

  • Varias contas.
  • Varias configuracións para a publicación.
  • Formato da data personalizable usando sintaxe Simple Date Format de Java.
    O formato por omisión é: EEEE MMMM dd, yyyy hh:mm:ss a z
  • Texto e URL da lonxitude e latitude personalizables. Utilizando dous argumentos con %.5f.
    O formato por omisión é: https://openstreetmap.org?zoom=17&layers=m&mlat=%.5f&mlon=%.5f
    Se prefires Google Maps: https://www.google.com/maps/search/?api=1&query=%.5f,%.5f
  • Após publicar a foto, a app pode
    • deixar a foto en Fedi Photo
    • copiar a foto á carpeta Android Pictures
    • mover a foto á carpeta Android Pictures
    • eliminar a foto

Aviso

Os meus coñecementos de programación non proveñen dunha educación formal para Android, polo que a túa experiencia de uso podería non ser satisfactoria. Se atopas erros, por favor abre un issue en github.